Thursday 02 de May de 2024

En marcha os traballos para pavimentar tres rúas da localidade de Palmeira


Trátase das rúas da Bouciña, Carballal e Pedra da Aiga

O Concello de Riveira informa do inicio dos traballos dirixidos á estender unha nova pavimentación de tres rúas na parroquia de Palmeira: a estrada coñecida como do Carballal (situada tras a subestación eléctrica de Fenosa) e dous tramos das rúas Pedra da Aiga e da Bouciña.

A empresa Canarga é a encargada de realizar esta acción, que está adscrita ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación Provincial e supón un investimento de 45.500 euros, IVE incluído.

Todas elas contará cun novo aglomerado asfáltico.